Cambio xeracional e de local de sábado a luns

Novo establecmento de xoaiaría EXACTA
Cambio xeracional e de local de sábado a luns

A xoiaría Exacta abriu un novo local renovando así as súas instalacións e a xerencia na rúa Rio Sil, 4 de Xinzo

María Joga González, é a nova propietaria e responsable de continuar, en terceira xeración, a historia da xoiaría Exacta en Xinzo. Esta vez abrindo un novo local, moito máis espacioso e acorde aos tempos en que estamos e ós que lle tocará vivir. María “colle o testigo” dos seus tíos que a vez eles recibiran do seu pai.

DE DEZ EUROS AO INFINITO

4Esta nova etapa da xoiaría exacta, comezou no mes de marzo, cando María compaxinando traballos, púxose ao lado dos seus tíos que a semana pasada se xubilaron e “traspasaron” non solo o negocio, xeracionalmente, se non tamén a sabedoría acadada durante os moitos anos que a xoiaría exacta leva satisfacendo ao público de Xinzo e da comarca.
Como non podía ser doutra maneira este relevo xeracional leva consigo un pequeno relevo tamén nos obxectos que podemos adquirir, sobre todo en reloxos, especialidade da casa con marcas tan afamadas como Duward e Nouli.3
Tamén aumentou o mostrario en pratería e pratería bañada en ouro.

María comenta que temos obxectos para todos os petos, podendo levar un bonito regalo por pouco máis de dez euros e tendo como tope o que un este disposto a investir, que non gastar nunha xoia.

ARRANXO DE RELOXOS E XOIAS

5Unha das cousas que van a seguir mantendo e o arranxo de reloxos e xoias, como se veu facendo ao longo do tempo cos anteriores responsábeis, que aínda que non van a estar presentes no día a día do establecemento, non deixarán de ollar polo “rabillo do ollo”.

Sorte nesta nova andaina, sobre todo , como dicimos sempre que damos as boas noticias de apertura dun local, nestes tempos que corren, que por suposto denota que son persoas decididas e emprendedoras.

6