Cambios e novidades para a Festa do Esquecemento 2017

2
Cambios e novidades para a Festa do Esquecemento 2017

Para que os asistentes á festa poidan facer fogueiras e construír empregando palla con protección, establecerase un "plan de autoprotección.

Onte tivo lugar a asemblea ordinaria da Asociación Civitas Limicorum, no Auditorio da Casa da Cultura, para comezar a definir a organización da Festa do Esquecemento deste ano.

Para os primeiras delimitarase unha aira por cada tres casetas.

Trala aceptación a acta anterior, falouse de facer merchandising e máis do cartel da Festa do Esquecemento deste ano, que se descubrirá ao público mañá nas redes sociais.

Unha das novidades principais que terán lugar no campamento deste ano é que, ademáis de que os castrexos se situarán nun lado e os romanos no outro –enfrontados–, para os primeiras delimitarase unha aira para cada tres casetas. Pola contra, os romanos situaranse en semicírculo.

Repartiranse 36 metros cadrados para cada construción de 10 persoas e, por cada 15 persoas a maiores, engadiranse 2 metros do fondo.

1

Para que os asistentes á festa poidan facer fogueiras e construír empregando palla con protección, establecerase un "plan de autoprotección.

Os membros de Civitas tamén se formularon como obxectivo para este ano a mellora da estética das casetas e do campamento do Toural.

Os membros de Civitas tamén se formularon como obxectivo para este ano a mellora da estética das casetas e do campamento do Toural. Así mesmo, intentarase conseguir unha pulpeira e unha churrasquería para que acampados e visitantes poidan cear dentro das instalacións.

Polo día, a xente poderá entrar no recinto e desfrutar da festa, tanto se van vestidos de castrexos ou romanos como se van con roupa de rúa. Porén, a partires da medianoite, só se permitirá o acceso de balde coas roupaxes correspondentes. Os que non sexan castrexos nin romanos terán que pagar entre 3 e 4 €.

A última das novidades xa anunciadas é que se realizará unha novidosa escenificación.

Ademáis de crachas e mochilas, preténdese editar unha revista cultural que recibirá o nome "Limiae" –"da Limia" en latín–, que incluirá artigos, ilustracións e fotografías de edicións pasadas.

Nestas datas xa hai inscritos 15 grupos de castrexos, 14 de romanos e 3 de escravos. A asistencia e participación na festa leva aumentando paulatinamente nos últimos anos. Na passada edición xa houbo 40 persoas máis no campamento , polo que este ano prevese aumentar o espazo até un cuarto. A organización espera que, de seguir esta tendencia crecente, o espazo fique pequeno en futuras edicións.

Xa fóra do relativo ao campamento, a última das novidades xa anunciadas é que se realizará unha novidosa escenificación, que se une ás xa tradicionais do lume e máis ao cruce do Limia. Dende a asociación informan de que se levará a cabo o sábado 19 de agosto e que a temática xirará en torno a textos mitolóxicos.