Os camiñantes do CEIP Carlos Casares chegaron a Silleda

Alumnado do CEIP Carlos Casares na 4ª etapa do "Camiño"
Os camiñantes do CEIP Carlos Casares chegaron a Silleda
A 4ª etapa do "Camiño" xa na provincia de Pontevedra

Os cativos acompañados das súas profesoras fixeron parada en SILLEDA, xa provincia de Pontevedra.

5

Visitaron o Mosteiro de Carboeiro, onde unha guía realizou un percorrido polas diferentes partes do Mosteiro rematando cunha serie de actividades de construción. Tamén se achegaron ata a famosa Ponte do Demo, situada por enriba do río DEZA.

Pola tarde acudiron ata o concello de Lalín para visitar o PAZO DE LIÑARES apodado por Emilia Pardo Bazán coma o palacio do Recordo.

Neste pazo puideron desfrutar dunha das mellores exposicións de Galicia sobre xoguetes e marionetas.

Tamén percorreron unha das súas salas dedicadas ao aviador JOAQUÍN LÓRIGA un referente da aviación mundialmente coñecido polo seu voo de Madrid a Manila en 1926.

Unha etapa chea de emocións que nos achega cada vez máis ao noso destino.