O Campamento Explora Ourense abre o seu prazo de inscrición

explora ourense
O Campamento Explora Ourense abre o seu prazo de inscrición

Os 7 días de convivencia terán lugar no Parque Natural do Xurés

O Campamento Explora Ourense abre o seu prazo de inscrición para que 50 nenos e nenas da provincia de Ourense descubran un dos recunchos máis fermosos da nosa natureza, o Parque Natural do Xurés.

Este campamento, que está organizado polo colectivo Sustinea e a Deputación de Ourense; desenvolverase do 18-24 de xullo ( 12 a 14 anos) e do 26 de xullo- 1 de agosto (9 a 11 anos) no Complexo do Corgo, en Muíños e con un prezo de 88 euros.

Os 7 días de convivencia servirán para que os nenos e nenas, desenvolvan valores de solidariedade e compañeirismo sendo os protagonistas das actividades. O campamento achegará aos seus participantes algúns dos recunchos máis fermosos da paisaxe galega, así como actividades en contacto directo coa natureza, roteiros no Parque Natural, tiro con arco, etnografía pola Aldea de Salgueiro, tirolina e rapel, xeocaching, actividades náuticas, vivaque e moito máis que irán descubrindo no corazón da Reserva da Biosfera do Xurés.

Para máis información e inscricións podedes consultar a web www.exploraourense.com, no correo info@exploraourense.com ou no teléfono 988.782.964.

O prazo de solicitude de prazas remata o 12 de xuño