O campamento Summer de Fusión Fitness contén 18 actividades que combinan deporte e diversión

summer
O campamento Summer de Fusión Fitness contén 18 actividades que combinan deporte e diversión

O campamento de verán que organiza Fusión Fitness comeza no mes de xullo e oferta multitude de actividades para os cativos de máis de 3 anos.

Os máis pequenos poderán gozar de sesións deportivas como baile moderno, parkour, patinaxe, danza tradicional, ximnasia deportiva, pilates ou ximnasia deportiva. Tamén haberá espazo para o inglés e a lectura. Non faltarán os xogos e gymkanas e como novidade aprenderán sobre nutrición, electrónica e pastelería.

As actividades serán impartidas por un total de 9 monitores cualificados que nos meses de xullo e agosto se farán cargo do grupo de nenos e nenas. O campamento terá lugar de luns a venres en horario de 11h a 13,30h en Fusión Fitness, situado na rúa Lepanto de Xinzo de Limia.

Os prezos de inscrición son de 80 euros por mes, 50 por quincena, 30 por semana e 7,50 euros por días soltos. No caso de ser irmáns gozarán dun desconto do 10%.