Campaña “Fin de curso” do comercio de ProLimia

Asemblea ProLimia- Marzo 2022
Campaña “Fin de curso” do comercio de ProLimia

Poranse a venda 200 tarxetas con desconto do 20%

A xunta directiva de ProLimia ven de aprobar unha nova campaña de cara a promocionar as compras de cercanía.

TARXETAS DE 40 € PARA CONSUMIR POR VALOR DE 50.

Tal e como se fixo en Nadal, este sábado e domingo na praza Maior poranse a venda 200 tarxetas por valor de 50 € para consumir na semana seguinte, ata o 30 de xuño. Esperan que como aconteceu en Nadal as tarxetas se esgoten no primeiro día.

Desta maneira, e esta vez a conta dos fondos da propia asociación poranse en circulación 10.000 € que quedarán no comercio de proximidade.

CAMPAÑA DÍAS AZUIS

Así mesmo tamén anunciaron a campaña Días Azuis que porá en marcha a Xunta na próxima quincena.

Respecto a feira do comercio de agosto, están tratando de pechar os últimos “flecos”! co Concello e anunciarana en breve a todos os asociados.