O CAMPUS DEPORTIVO 2018 ABRE AS SÚAS INSCRIPCIÓNS

O CAMPUS DEPORTIVO 2018 ABRE AS SÚAS INSCRIPCIÓNS

O Campus Deportivo 2018 comezará o 2 de xullo e durará todo o mes. De 10:30h a 13:30h os nenos e nenas nados entre o 2005 e o 2011 poderán xogar o baloncesto, o fútbol, practicar atletismo, facer xogos de orientación, ir a piscina, facer xogos deportivos, ximnasia deportiva e ir de excursión. Para os máis cativos, nados entre 2012 e 2013 terán o Urbán-deportivo, onde realizarán manualidades, xogos deportivos, irán de excursión e a piscina. Xa o ano pasado se anotaron arredor de 170 nenos, polo que este ano tamén se espera unha gran afluencia.

O Campus está organizado polos clubs A.D. Limiactiva, Escolas Deportivas Xinzo, o A.B. Xinzo e polo Concello de Xinzo de Limia.

Para opter máis información sobre o Campus ou inscribirse, pódese acudir á Casa da Cultura ou o pavillón ata o 21 de xuño. Coa cota de inscrición darase o equipamento.