O que o can non mexara, pódelle saír caro a un veciño de Xinzo

1585679795496
O que o can non mexara, pódelle saír caro a un veciño de Xinzo

Non dá mexado, cóstalle moito, espetou aos axentes

Segundo di COPE VERÍN, na súa páxina web, un veciño de Xinzo residente na zona do Polígono, saía todos os días a pasear o seu can por espazo de dúas horas.

Este feito, chamou a atención aos membros da Garda Civil, que durante varios días advertiron ao propietario de que botaba moito tempo na rúa. Todos os días da advertencia o propietario do cánido desculpábase dicindo que o seu can tardaba moito en mexar.

MAIS DE 40 DENUNCIAS

Segundo segue informando na súa páxina (COPE VERÍN) a Garda Civil do posto de Xinzo, dende que se decretou o estado de alarma, xa leva postas máis de 40 denuncias, a maioría no casco urbano da vila, a veciños que saen a rúa sen causa xustificada.