Patricia F.S
13 de febrero de 2016, 14:24
A canción de María do Ceo sobre Xinzo fala da vila referíndose ó Entroido e á Santa Mariña, pero tamén de todo o concello recollendo versos sobre as 20 parroquias que o forman ou a Torre de Pena.
O párroco Don Jaime foi o primeiro en pedir publicamente que esta canción se converta no himno de Xinzo, fíxoo ó remate da presentación do disco de María do Ceo onte na Casa da Cultura. O alcalde, Antonio Pérez, tamén amosou a súa diposición para que esa canción represente a vila e así o transmitirá no vindeiro pleno. De aprobarse por unanimidade podería pasar a ser o himno oficial de Xinzo de Limia.