Na 8ª edición do festival de corais populares celebrado este sábado pola noite en Xinzo, estivo como coral invitada dende Carballo, na Coruña, o Coro Aires de Bergantíños que deleitaron a tódolos presentes con 6 pezas todas elas populares e de carácter mariñeiro, a mor parte delas. Esta coral de Berganitiños foi fundada no ano 1985 polo humorista Carlos O Xestal, e dende a súa fundación traballan a reo para manter e divulgar o folclore musical galego, que foi o que fixeron na noite do sábado no auditorio da Casa de Cultura de Xinzo.
Despois tocoulle a vez a coral anfitrioa Aimil Folc que naceu uns anos despois da primeira, no ano 2003 da man da Asociación Cultural AIMIL e que esta formada por trinta voces mixtas mais o grupo instrumental que os acompaña nas súas interpretacións.
O percorrido musical de actuacións desta formación musical estendese por toda a xeografía galega e Portugal. Dende o seu nacemento está dirixido por Fernando Dopico un ferrolán afincado dende fai anos na nosa vila.
A coral irrumpiu no escenario ao son das gaitas e tambores coa Foliada de Rabela, peza que fixo que o público asistente os recibirá acompañados de palmas e en pé o que fixo que dende o primeiro momento a simbioses co público fose total.
Finalizaron o festival folclórico cunha actuación conxunta das dúas formacións.