“As caras do Entroido Ourensán “

143
“As caras do Entroido Ourensán “

Dende hoxe ata o 22 de Xuño no museo do entroido de Galicia de Xinzo

José M. F. Sánchez, de procedencia celanovesa aínda que residente en Ferrol, expón a súa obra nesta pequena colección onde o motivo central, como di o título, é as caras ou máscaras do Entroido da provincia de Ourense.

A Exposición consta de vintedous cadros empregando a técnica tradicional da Acuarela facendo un percorrido por toda a xeografía provincial dende Laza ata Muiños, dende Verín ata Entrimo e dende Xinzo ata Bande, pasando polas terras altas de Viana, O Bolo, Vilariño de Conso, Manzaneda ou Riós, polas veigas de Maceda, Sarreaus Esgos, Toén ou Boborás, etc.

Os cadros representan as máscaras propias do Entroido Ourensán. A máscara constitúese no personaxe central do Entroido. Presentan un simbolismo arcaico e arraigado nas nosas tradicións máis profundas sendo imprescindibles nesta festividade. Un vestixio case chamanico onde un sentimento supraterrenal, alleo ó mesmo ser humano, se conxuga cos saberes populares conformando uns ritos propios da nosa terra.

Esta exposición permanecerá aberta ó público dende o 22 de Abril ata o 22 de Xuño dentro do horario do Museo: De 10 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 de Mércores a Domingo.