CÁRITAS Xinzo, GAÑADORA DO TORNEO DE FÚTBOL SALA

Torneo solidario6
CÁRITAS Xinzo, GAÑADORA DO TORNEO DE FÚTBOL SALA

33 equipos achegaron máis de tonelada e media de alimentos para unha boa causa

Ós organizadores do II torneo solidario de fútbol sala estaban onte a noite, aínda que moi cansados , a satisfacción dos seus rostros facía que o cansazo quedara disimulado.

AS CIFRAS DO TORNEO

450 L. de auga, doados por CABREIROA, 250 Bolsas de patacas fritas doadas por JALYS e mais de 100 Kg. de caixas de froita neste caso aportadas por HORTICOLAS GALEGAS. Todo esto foi consumido polos participantes dos 33 equipos que foron os que se acercaron a Xinzo para formar parte dun so equipo \“solidario\” encabezados polos membros de NN.XX. de Xinzo.

Pero ademais destes patrocinadores directos , os organizadores queren agradecer a colaboración das outras 26 firmas que estiveron tamén detrás da organización con achegas económicas ou como CANCHA SPORT, que doou bolsas de deportes repartidas entre xogadores.

Preto de 1.000 persoas desfilaron polo pavillón de Xinzo perante os dous días que duro o torneo, dende as 10 horas da mañá do sábado ata as 22 do domingo, solo descansando para durmir.

E non se sabe si supón un récord, pero tamén forma parte da historia deste II torneo, RAFAEL CASTRO, que se meteu entre peito e costas en dous días o arbitrar 24 partidos, seguidos.

Acabado este torneo, os organizadores, xa convocaron ós equipos para o seguinte a celebrar no nadal, loxicamente despois de agradecerlle a súa presenza, sen a cal, nada disto sería posible.

E por último o agrqadecemento a Concellería de Deportes e a todo o persoal,, comezando polo concelleiro que en todo momento estiveron onde facían falta para que todo saira perfectamente.