martes 7/12/21

Carlos Gómez, volve con forza a primeira liña da política en Xinzo

Hoxe foi nomeado Presidente da Xestora local do PP

Carlos Gómez
Carlos Gómez

O presidente provincial, Manuel Baltar, enmarcou o nomeamento das xestoras no “regulamentario proceso de convocatoria dos congresos locais”.

A dirección provisional do PP en Xinzo de Limia estará encabezada por Carlos Gómez Salgado, parlamentario autonómico, ao que acompañarán Antonio Fernández Veiga, Dolores Calvo, Marián Novoa e Silvia Blanco.