A segunda Xornada de Carreiras da tempada 2018 no Hipódromo de Antela está adicada o "Día das Letras Galegas" como xa é tradición, con unha mención especial a Victoria Moreno Márquez, máis coñecida como Peregrina Pérez. En 2018 vai ser a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño.
A disputa do III GRAN PREMIO DIA DAS LETRAS GALEGAS comeza coa carreira internacional de Trote as 11H na que Ramsey Du Ham (FR) parte como favorito con unha recaudación superior a 600,000€. A seguinte carreira de Trote será as 14:20h coa disputa do premio "Victoria Moreno Marquez" na que a priori parte de favorito Quassia Du Bon Air (FR) da cuadra J.Alvarez Expósito.
Para os cabalos de Pura Raza Árabe teremos a primeira as 11:40h de Galopecon, na desputa do premio "Lagoa de Antela" nunha distancia de 1000m . Parten como favoritos Pawik el Marwan da Cuadra Fermosas Arabian e a monta de Yago Atanes. As 13:20 será o turno para o GRAN PREMIO DIA DAS LETRAS GALEGAS para cabalos Árabes con un difñicil pronósitico, pois 4 extraordinarios cabalos estarán en liza e calquera deles pode ser o gañador. Todos teñen un magnífico palmares en Galicia. Pelayo, Kefren, Sal Alem, J.L. Cardali, a incóniga só se pode resolver na pista de area do Hipódromo de Antela.
No que se refire a Pura Sangre Inglés, disputarase a primeira carreira as 12:20h ca disputa do premio "VALDEMUNDE TEAM" no que NEW FOL parte como favorito, pero estará moi competido sen dúbida por Paraiso Canarias, Melinda e Artemisa. A segunda carreira de Pura Sangre Inglés será as 12:40h co GRAN PREMIO DAS LETRAS GALEGAS e o favorito para esta proba é BARBE A BOX, que xa resultou gañador na última xornada. A Cañiza e Odds ON sen dúbida poránlle trabas para gañar e a Granxa estrenase na pista de Antela.
Ademáis contará coa exhibición de Cabalos de Pura Raza Galega a cargo da Asociación Cabalo Galego, intercalados entre carreira e carreira a partir das 12:40h. O concluír a xornada de carreiras, sortearase entre os asistentes un magnífico Xamón d Bodega da Serra de Larouco, con sabor e aroma galego.