CARTA DUN LECTOR.(Julio Rúa)

concello de xinzo
CARTA DUN LECTOR.(Julio Rúa)

Para o concello de Xinzo a cultura non é un servizo esencial.

Para o concello de Xinzo a cultura non é un servizo esencial.
A cultura é o que fai que sexamos o que somos, persoas; seres con capacidade para emocionarnos, inquietudes, gracIas ao cual evolucionamos, en definitiva, esto é o que nos diferencia do resto dos animais.
A parte disto, todo o que dí o concelleiro de cultura, está moi ben, pero Sr. xa o sabían antes de comenzar o curso; porque permitiron que se fixeran as matrículas, que os pais pagasemos as taxas, que invertiramos... tempo e diñeiro na adquisición de instrumentos e programación de actividades para os nosos fillos, renunciando a segundas opcíóns.
!!!Pagamos un servizo e querémolo!!!,
Por certo poida que sexa deficitario, pero moitos dos pais teñen dificultades para poder pagalo, e por certo tamen haberá que decir que os alumnos que veñen de fora, pagan unha cantidade mais elevada que os de Xinzo polo mesmo servizo, que non é suficiente, non o sei. Vostedes son os entendidos.
Gracias tamén por non cobrarnos este mes, e toda unha xenerosidade pola súa parte, pero non nos soluciona o problema. O caso é que xa levamos un mes de clases é os nosos fillos non están recibindo un servizo cun mínimo de calidade, non queremos limosnas, queremos clases, con profesores suficientes.
Por último sin ánimo de polemizar, direille que a cultura e un patrimonio de todos, como tal non se compra nin se vende, será ise o problema, que non pode ccomercializarse, e polo tanto non interesa, digan a verdade !!!QUEREMOS PECHAR O CONSERVATORIO!!!.
Seguramente outras actvidades son mais rentabeis, sobor de todo electoralmente, e por que non decilo tamén "economicamente"
Cada quen e libre de pensar o que queira.
Julio Rúa Rodríguez
Pai de alumno do conservatorio de Música de Xinzo de Limia.