A Casa da Cultura de Xinzo acolle a VI edición do festival Coralimia 2015

coros
A Casa da Cultura de Xinzo acolle a VI edición do festival Coralimia 2015

A cita será o sábado ás 20.30h

O festival de coros de música popular, Coralimia, celebra esta fin de semana a súa sexta edición. A Asociación Cultural Aimil Folc organiza este evento musical que se está consolidando como unha data obrigada para disfrutar da mellor música da terra.

Desta volta subirá ó escenario o coro "Aires d´terra: o legado de Feijoo", un grupo integrado por músicos que coñecen de preto os acordes e letras máis tradicionais da nosa terra, e que comezaron a sua aventura musical en decembro de 2013. O grupo foi creado a imaxe do histórico coro "Aires d´terra", primeiro coro da historia de Galicia que se creou no 1833 polo boticario e gaiteiro, Perfecto Feijoo. O "renovado" coro está formado por oito voces que son as de Suso Vaamonde, Xose Lois Romero, José Manuel Acha, Xan Herrera, Jose Luis Garaboa, Xoan Porto,Paulo Chouza e Cesar Tarela.

Como cada ano, sobre o escenario tamén veremos o "Coro Aimil" que naceu no 2003 en Xinzo de Limia, no seo da Asociación Cultural Aimil Folc e que está dirixido por Fernando Dopico Blanco.

A cita co Coralimia 2015 é o sábado 17 de outubro ás 20.30h no Auditorio da Casa de Cultura de Xinzo. A entrada é de balde.