A Casa do Concello e as oficiñas da Policía Local levan dende o día 2 sin limparse

Grupo pp xinzo
A Casa do Concello e as oficiñas da Policía Local levan dende o día 2 sin limparse
Segundo dennuncian os concelleiros do PP

Que sinxelo foi cargar toda a vida contra os gobernos do PP nos temas de limpeza. E a partir do 15 de xuño, cando comezou o novo Goberno, trasladouse a culpa a veciñanza. Campañas, fotos, titulares baldíos, ... na procura de botar balóns fóra e non asumir que antes non era todo culpa dos mandatos do Partido Popular nin agora da toda a culpa da veciñanza.

A nova mandataria municipal e concelleiros de goberno non se deron de conta aínda hoxe que o edificio Consistorial e as oficinas da Policía Local levan sen limpar dende o día 2 pola tarde. Máis dunha semana sen que ninguén supla a limpadora que colleu as vacacións que aínda lle pertencen do ano pasado.

Aqueles que se encheron a boca na prensa e nas redes sociais cargando contra o PP e as veciñas e veciños de Xinzo, non son capaces de xestionar a limpeza do lugar onde exercen as súas funcións de goberno, cada día, durante estes últimos 8 días.

Deixamento de funcións e estar máis pendentes da foto e do titular que dunha xestión acorde aos cargos que se ocupan. Preferible que a varredora municipal estea dando voltas pola Praza Maior a mediodía, para que se vexa a hora punta de transeúntes, cando ese lugar xa debía estar limpo a primeiras horas da maña; en vez de estar limpando outras rúas que boa falla lles fai.

Deixamento, cando tes unha empresa contratada para suplir posibles baixas ou vacacións do persoal de limpeza. Esperemos que na próxima estean máis dilixentes; menos mal que non pasou nun centro educativo ou nun lugar onde as nosas crianzas fan actividades.