22 de noviembre de 2017, 23:08
O pasado luns os nenos de quinto de infantil do CEIP Carlos Casares fixeron unha saída a unha aldea ben próxima a Xinzo, trátase de Mosteiro de Ribeira. As cativas e cativos ían co obxectivo de celebrar un pequeno magosto; porén, fixeron moito máis que isto: amasaron e coceron pan e pizza ao estilo antigo, visitaron un vello muíño restaurado que no lugar se encontra e si, finalmente si que comeron as castañas. Para eles foi unha mañá chea de novas aprendizaxes, de emoción e tamén de cansancio porque algún que outro durmiuse na viaxe de volta ao colexio.