Os cativos do Carlos Casares visitaron o Concello

265
Os cativos do Carlos Casares visitaron o Concello

O alumnado de 5º de E.P. do CEIP Carlos Casares, na mañá do mércores, acompañados por membros da Policía Local e Protección Civil trasladáronse a pe ata as dependencias do Concello para visitar a institución Municipal no seu proceso de aprendizaxe.

No salón de plenos foron recibidos polo alcalde López Casas, ex director do centro e polo concelleiro de educación Luís M. Gil. O alcalde dirixiuse aos cativos para tratar de explicarlle que fai e que significa a figura do alcalde. Despois de desembarazarse dalgunha das preguntas dos pequenos , estes foron obsequiados con lambetadas no propio salón para pasar a continuación a visita as distintas dependencias , entre elas a biblioteca, onde os esperaba unha contacontos que fixo as delicias do público infantil.