En catro meses choveu o 83% das chuvias dun ano normal

Servando Álvarez, director do CDGL
En catro meses choveu o 83% das chuvias dun ano normal

Dende o 19 de outubro recolléronse 650 L/m2 cando nun ano normal solo se chega aos 800

Querendo ter máis información sobre os problemas do cereal neste momento nas terras da Limia, achegámonos ata o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro da Limia para falar co seu director Servando Álvarez.

Que pasou na Limia dende o 19 de outubro?

Dende o 19 de outubro ata case finais de xaneiro caeron na limia máis 650 L/m2.

A pluviosidade dun ano normal está ao redor de 800. Isto fixo que o nivel freático nas terras da Limia subira cuestión que imposibilitaba a semente do cereal de inverno, o máis produtivo nestas terras. Nun ano normal a produción de cereal de inverno soe andar entre 4.000/5.000 Kg. por hectárea. Estes números falan un pouco por si solos.

Finca de trigo estragada polas chuvias
Finca de trigo estragada polas chuvias

Solo o 20% das 6.000 hectáreas desta zona da Limia

Nesta época do ano, fora do cultivo da pataca a Limia na zona este pretendía sementar unhas 6.000 hectáreas, das que 1.000 ían ser de colza.

Nos últimos tres anos pasouse de sementar 50 ata este ano superar as 1.000.

Ás poucas hectáreas que se sementaron (20%), máis se semellaban a un cultivo hidropónico, posto que as raíces estiveron varios meses na auga.

Ata que pararon as precipitacións as raíces estaban verdes, pero unha vez que pararon e viñeron as xeadas e o sol do mediodía acabou con elas e morreron.

A COLZA ÍA SER O CULTIVO ESTRELA DESTE ANO

Con respecto a colza, continúa Servando, ía ser o cultivo estrela deste ano. Pretendíase plantar arriba de 1.000 hectáreas. Precisamente un dos problemas que ten este cultivo é o encharcamento, agora que lles da o sol e as xeadas, cando paren as xeadas e volva o sol, a maioría destas plantas vanse perder.

Coincidindo co apuntado por Amador, o ter que volver a sementar estas terras con cereal de primavera, habendo semente, abonos, etc., hai que ter en conta que a produción do cereal de primavera, nestas terras e moito menor que o de inverno.