As causas que frearon o proxecto eólico de Baltar, deberían frear tamén os outros

As causas que frearon o proxecto eólico de Baltar, deberían frear tamén os outros
Os gobernos municipais dos Blancos, Baltar e Calvos de Randín, malia a que estaban alertados dos diferentes impactos sobre as persoas e o medio e demais afeccións, NON MOVERON UN DEDO contra os plans de Greenalia.

A plataforma agradece o esforzo e o compromiso das veciñas de Calvos de Randín, Baltar e Os Blancos, especialmente das aldeas de Feás e Covás; do Club Parapente Baltar; do Movemento Ecoloxista da Limia; e do goberno municipal de Xinzo de Limia que vén de acordar unha declaración solicitando unha moratoria eólica na Limia, así como do Sindicato Labrego Galego, a asociación ecoloxista Petón do Lobo, ADEGA e Ecoloxistas en Acción, así como Amigos da Terra e Amigas das Árbores e as demais plataformas de Ourense que teñen participado en moitas das accións emprendidas na defensa das nosas montañas.

Manifestación-concentración de protesta en Xinzo (Fotos arquivo

As causas polas que se informa desfavorábelmente deste proxecto en concreto resúmense na oposición da Dirección Xeral de Patrimonio Natural e do Instituto de Estudos do Patrimonio que alertan sobre “efectos sinérxicos” (é dicir, da proliferación sen control de infraestruturas eólicas) sobre a paisaxe, sobre espazos que gozan de protección (a Reserva da Biosfera Gerês-Xurés, e o moi próximo Parque Natural do Xurés, a maior reserva natural do país) e sobre a avifauna nunha área a da Limia e a Baixa Limia nas que estas especies gozan dunha ampla protección.

En opinión de STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA vótase de menos unha análise máis crítica dos proxectos por parte do organismo de cunca, a CHMS, que está avalando proxectos cuns impactos directos sobre as augas e os ríos, así como por parte de organismos como a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, aínda que sinala afectacións directas e moi significativas ao Castelo da Guioncha, ao cumio da Vela de Pexeiros na procura de indicios ou referencias relacionadas co Foxo dos lobos do Cebreiro, á Fonte da Cunca e lembra que non existe avaliación do impacto sobre o patrimonio cultural dos accesos ao parque eólico