4 de marzo de 2023, 11:21
Esta mesma mañá un veciño de Laza de 19 anos de idade que conducía un Kia en dirección Benavente-Santiago foi detido por un control da Garda Civil cando conducía a unha velocidade de 188 Km/h, cando a vía nese lugar está limitada a 70 Km/h.
Xa foi citado para un xuizo rápido para o 14 de marzo ás 10 da mañá no xulgado de Xinzo de Limia.