O CDR O Viso achega as novas tecnoloxías ós participantes no obradoiro de orientación laboral

obradoiro 1
O CDR O Viso achega as novas tecnoloxías ós participantes no obradoiro de orientación laboral

O programa de apoio á busca de emprego que puxo en marcha o CDR O Viso centrouse nas novas tecnoloxías neste mes de maio.

As actividades centráronse en achegar ós e ás participantes ás vantaxes que ofrece Internet para atopar traballo e darse a coñecer como demandante de emprego. Neste senso traballaron con aspectos como uso do correo electrónico, darse de alta nunha empresa de traballo temporal ou crear un perfil profesional nunha rede social.

Outro dos puntos sobre os que traballaron foi en coñecer aqueles portais nos que ofertan empregos como por exemplo a rede Infojobs ou o BOP de Ourense.

O obxectivo deste obradoiro foi espertar nos participantes o coñecemento e manexo do ordenador para mellorar a busca de emprego. "Isto danos pé a corresponsabilizarlles de que existen novos camiños que teñen importancia para buscar emprego, e afastarse da pasividade de estar anotados na Oficina do Servizo Público de Emprego, ou agardar a que os contraten sen ter un plan específico de busca", engaden dende a organización.

O C.D.R. O Viso continúa co proxecto \“RE-INVÉNTATE\” de Animación Sociolaboral en Grupo, unha das liñas de abordaxe do programa Ruralempréga-T subvencionado dende o Servizo de Inclusión e Acción Social da Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Xunta de Galicia e a aportación parcial do Fondo Social Europeo.