O CDR O Viso colaborou coa campaña "Móllate cos ríos"

Cativos que colaboraron na limpexa do río
O CDR O Viso colaborou coa campaña "Móllate cos ríos"
Fixo a traves da actividade de Sábado en familia

O CDR O Viso sumouse na xornada do domingo á iniciativa “Móllate polos Ríos” a través da actividade Sábado en Familia, financiada pola consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto dobre a renda das persoas físicas dentro do programa “O noso espazo: encontros de familia, parentalidade positiva e actividades educativas”.

26-11-53-23.admin.IMG-6765


A iniciativa, ideada por Adega Ecoloxismo, encádrase dentro do Proxecto Ríos, que xa leva organizando dende o 2008 estes días de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. “É un día no cal voluntarios e voluntarias saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos nosos ecosistemas fluviais. Miles de quilogramos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos polos centos de voluntarios/as que teñen participado nas limpezas anteriores. O máis importante deste día é a labor de concienciación social que entre todos e todas realizamos. Axudamos a manter un bo estado de conservación nos nosos ecosistemas fluviais e facémoslle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.”
No caso de Xinzo participamos unha ducia de persoas (a Romaría da Saínza marcou a baixa participación) en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia. O próximo ano volveremos participar neste día simbólico e compartido en todo o País, e en cada unha das nosas actividades na natureza continuaremos recollendo o lixo, como sempre fixemos.