O CDR O Viso organiza unha xornada nos institutos con motivo do Dia Internacional da Muller

chicas
O CDR O Viso organiza unha xornada nos institutos con motivo do Dia Internacional da Muller

A Cruz Vermella, o Centro de Información ás mulleres e a biblioteca municipal conmemoran este día nas escolas

O CDR O Viso programa para o martes 8 un conxunto de actividades dirixidas á mocidade da Limia, con motivo do Día Internacional da Muller. Así levaranse a cabo unha serie de dinámicas participativas e educativas nos Institutos Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía entre as 9h da mañá e as 14h.

Nelas abordaranse conceptos como equidade-desigualdade no eido laboral, conciliación familiar ou estereotipos, entre outros moitos.

Con esta proposta a área de Formación e Información do Centro de Información Xuvenil da Limia, continúa coa súa labor de sensibilización que levan a cabo durante todo o ano, xunto con outros campañas.

O 8 de marzo tamén estará presente nas escolas de Xinzo. A Cruz Vermella de Xinzo, o Centro de Información ás Mulleres e a biblioteca municipal, levarán a cabo actividades dirixidas ós máis cativos no CEIP Carlos Casares e Rosalía de Castro.

Baixo o lema "Coeducando en igualdade nos CEIP´S", achegarán ós colexios temas como igualdade, xénero, roles e estereotipos.

Entre as actividades programadas procederase é lectura dun libro dende a perspectiva de xénero así como un conxunto de dinámicas para incentivar a participación dos máis pequenos.