O CDR O Viso organizou este pasado sábado unha actividade de coñecemento do medio máis cercano

Visita a aldea de Saa
O CDR O Viso organizou este pasado sábado unha actividade de coñecemento do medio máis cercano
Visitaron a aldea de Saa e Vilar de Santos

Esta fin de semana compartimos unha bonita mañá dentro da actividade “Sábados en familia” na aldea de Saa e Vilar de Santos.

cdr3 Máis de 30 persoas con idades comprendidas entre un ano e os sesenta e pico xuntáronse para camiñar e descubrir outro recuncho fermoso da nosa comarca. Trátase dunha actividade enmarcada no programa O Noso Espazo, financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través das axudas destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.
O que fai especiais estes encontros é o feito de ir sen máis expectativas que gozar do camiño, e desta vez, que contaban con coñecer a abandonada aldea de Saa e xogar nese espazo libremente, puidemos facer, ademais, un interesante roteiro guiados por nais e pais que nos amosaron un muíño, un pozo labrado en pedra de medidas impresionantes e un bosque autóctono en estado puro.
Nenas e nenos viven o camiño con alegría observando, explorando, parando centos de veces atraídos polo que ofrece o monte: apañaron follas, belotas, pedras, paus e algún cogumelo.

As persoas adultas fascinaron de ver a riqueza paisaxística e o patrimonio cultural que temos ó pé da casa, e reflexionamos, mentres andamos, sobre a necesidade de facer, de recuperar, de manter vivo isto que tanto esforzo lle custou ós nosos devanceiros.

Cando se está en contacto coa natureza si que somos capaces de vivir o presente e de conectar coa terra