O CDR O Viso pon en marcha un programa de orientación sociolaboral para desempregados

obradoiro
O CDR O Viso pon en marcha un programa de orientación sociolaboral para desempregados

Baixo o nome de Re-invénta-te, comeza o luns na Casa da Cultura un programa de orientación sociolaboral destinado a persoas en risco de exclusión social da Limia, categoría que acolle a desempregados ou inactivos. A intención é axudar na busca de emprego e potenciar a autonomía laboral da xente para que cos seus recursos sexan capaces de conseguir un posto de traballo.

O CDR O Viso contempla este proxecto para dar servizos tales como atención de maneira persoal, obradoiros grupais de adestramento para busca de emprego, intermediación e prospección de ofertas laborais.

O primeiro martes e mércores de cada mes citarase ás persoas interesadas para participar nun obradoiro de busca de oportunidades. Así mesmo, trataranse aspectos como autocoñecemento, preparación de entrevistas laborais, mercado laboral, emprendemento no rural e inclusión dixital e alfabetización.

As persoas que estean interesadas nesta proposta, poden anotarse chamando ó 988461571, a través do correo areasocial@cdroviso.org ou ben acudindo a súa oficina na Praza Maior de Xinzo.

A primera sesión terá lugar o martes 19, na aula 7 da Casa da Cultura de 9.30h a 13h.