martes. 21.03.2023
Nadal

Celanova comeza o 2017 "a ritmo de Nadal"

O horario dos obradoiros será de 11 a 13 horas e o prezo de inscripción sitúase nos 7 euros.

casadospoetas
Instalacións da Casa dos Poetas en Celanova.

A Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova continúan a ofrecer actividades de Nadal para xaneiro. Do día 2 ao 4 impartirase o obradoiro "A ritmo de Nadal" destinado a nenos de entre 4 e 12 anos. Coa confirmación da participación de máis de 30 rapaces o luns comezará nas instalacións do Auditorio Municipal Ilduara e o martes e mércores terá lugar na Casa dos Poetas.

Aínda fican prazas dispoñibles, polo que a inscrición quedará aberta ata cubrir todas as prazas no número de teléfono 646.026.421 ou no correo elctrónico [email protected]. O horario dos obradoiros será de 11 a 13 horas e o prezo de inscripción sitúase nos 7 euros.

O día 2, o taller leva por título "A danzar! Facemos un instrumento musical", o día 3 organizaranse "dinámicas e xogos con música"  e o 4 "xogos e maquillaxe". 

Comentarios