jueves. 23.03.2023

O centro de actividades Fusión de Xinzo acolle un seminario de defensa persoal

A cita é este sábado a partir das 16h

moya

    O centro de actividades Fusión presenta o seminario "APPLIED PANANTUKAN DEFCON" con Jesús Moya que visita Galicia por primeira vez. 

A xornada está pensada para formar ós asistentes nun sistema de defensa que actualmente está en auxe e que se basea nas artes filipinas. O curso está dirixido a todas aquelas persoas que queiran adquirir habilidades para defenderse perante calquera tipo de ataque baseado na autodefensa. O obxectivo é anular as partes do corpo que os opoñentes poidan usar para efectuar unha agresión. 

A cita deportiva será este sábado das 16h ás 20h no centro situado na rúa Rosalía de Castro de Xinzo de Limia. 
 

Comentarios