O centro de baile Fusión introduce a danza contemporánea e a española nas súas clases

O centro de baile Fusión introduce a danza contemporánea e a española nas súas clases

O luns e o martes haberá clases de proba gratis

O centro de baile de Xinzo busca innovar e busca novos estilos para impartir. Desta volta entran en Fusións as clases de danza contemporánea.fusion O luns 9 terá lugar unha clase gratuíta para todo mundo que desexe probar esta disciplina a partir dos 9 anos, será ás 19.30. O martes 10 haberá outra quenda de proba ás 16h a partir dos 5 anos.

Na liña de introducir novos bailes, chegan as clases de danza española para as que tamén habera unha clase de proba o martes ás 18h a partir dos 5 anos. Este mesmo día e un pouco antes, ás 17h levarase a cabo unha clase de proba de ballet.

Todas estas modalidades estarán impartidas por Sara Ayala, unha gran profesional do baile. Artista plástica e bailarina que se graduou en Belas Artes, en grado medio de danza clásica española e en danza clásica e contemporánea, en cidades como Madrid ou New York.