O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde recibiu visita da Executivas de Galicia

Visita de Executivas de Galicia ao Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde -1
O Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde recibiu visita da Executivas de Galicia
“O obxectivo desta xornada é amosarlle a esta asociación, de referencia na nosa Comunidade- o traballo de apoio que presta o noso Centro ao sector primario da provincia e da comarca da Limia"

A Asociación Executivas de Galicia visitou esta mañá, acompañadas pola xerente do Inorde, Emma González, as instalacións do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro que ten este organismo provincial en Xinzo de Limia. O técnico responsable do Centro, Servando Álvarez, foi o encargado de explicarlles ás executivas o traballo de asesoramento, análise e investigación que realiza este Centro non só a través do laboratorio, senón cos distintos proxectos piloto postos en marcha nas fincas de ensaios.

Visita de Executivas de Galicia ao Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde -2
Visita de Executivas de Galicia ao Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde

Durante a xornada, tiveron a oportunidade de coñecer tamén unha das recentes incorporacións a este centro como é o laboratorio rural de economía circular nado co obxectivo de axudar aos produtores ourensáns e que, ademais, pretende impulsar esa necesaria transformación do sector primario a unha optimización na xestión de recursos, apostando cada vez máis por unha economía sostible e circular que dea resposta ás directrices encomendadas por Europa.

“O obxectivo desta xornada é amosarlle a esta asociación, de referencia na nosa Comunidade- o traballo de apoio que presta o noso Centro ao sector primario da provincia e da comarca da Limia, en particular, sendo un dos eixos estratéxicos da economía ourensá”, dixo a xerente do Inorde. Ademais, “resulta de gran interese para esta Asociación coñecer de primeira man os proxectos nos que está a traballar o Inorde a prol da sustentabilidade e a economía circular, por exemplo, coa posta en marcha deste laboratorio rural por ser unha cuestión de gran interese para moitas asociadas que desenvolven a súa actividade profesional neste sector”, engadiu Emma González.

Visita de Executivas de Galicia ao Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde -3(1)
Visita de Executivas de Galicia ao Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde )

Esta visita encaixa nesa liña estratéxica de traballo da Asociación de Executivas de Galicia de coñecer os modelos de organización e aos directivos que dirixen institucións públicas e privadas. Trala visita, as asociadas e a xerente do Inorde celebraron unha comida networking no restaurante da chef Begoña Vázquez (membro da asociación) para degustar pratos elaborados a base de produtos km0, ecolóxicos e de primeira calidade, como mostra dun exemplo de empresa ourensá que aposta pola sustentabilidade e a circularidade.

A comida networking na que participaron socias, pero tamén convidadas, serviu para intercambiar impresións e visións sobre temas da actualidade profesional de interese, así como para propiciar que se coñeceran as asistentes para establecer relacións e contactos, co obxectivo de que medre o número de asociadas logrando unha maior visibilidade.