domingo. 02.10.2022

O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” quere achegar un Nadal Xusto

Fai un sorte de 5 cestas cheas de produtos de Comercio Xusto
15-10-33-46.admin.WhatsApp_Image_2021-12-15_at_09.42.032
15-10-33-46.admin.WhatsApp_Image_2021-12-15_at_09.42.032

O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” quere achegar un Nadal Xusto para tódalas persoas da Limia. Así que lanzamos un sorteo de cinco cestas cheas de produtos de Comercio Xusto para seguir potenciando esta alternativa responsable e sustentable de consumo ó tempo que recadamos fondos para facer que ningunha persoa nin familia quede sen un nadal digno.

Produtos das cestas de comercio xustoAta o 5 de xaneiro poderanse mercar rifas para participar neste sorteo solidario. As cestas conteñen enredos do mundo, adornos, bolsas de tela, especias, cosméticos e material de papelería, podendo garantir que proveñen dunha produción responsable tanto a nivel humano coma medioambiental.
As rifas custan só un euro e pódelas conseguir no CiX (na rúa Ladeira, en Xinzo), ou pedíndollo a calquera persoa traballadora, voluntaria ou amiga do CDR. Este nadal regala Comercio Xusto!