O Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova sito en Porto Quintela (Bande) abre as súas portas

O campamento romano Aquis Querquennae.
O Centro de Interpretación Aquae Querquennae – Vía Nova sito en Porto Quintela (Bande) abre as súas portas

Do día 20(hoxe) ao 22 de Marzo e do 28 de Marzo ao 6 de Abril, ambos inclusive.de 11:00 13:00 e de 16:30 a 19:30

A planta superior do centro alberga a exposición permanente que trata de narrar os avatares do pobo galaico-romano dos Quarquernos, que habitaban as terras do entorno, entre O Vieiro e o val do Salas, de norte a Sur, e A Limia e serras de Santa Eufemia e Xurés, de este a oeste. A planta baixa fai un percorrido pola Vía Nova, dende Braga a Astorga.