O centro de saúde de Sarreaus, xa ten nova cuberta
As actuacións tiveron un orzamento de mais de 30.000 euros e foron froito dun convenio entre Xunta e o concello de Sarreaus
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e a directora asistencial da área sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, Mar Vázquez, acompañados do alcalde de Sarreaus, Gumersindo Lamas visitaron as obras de reforma do centro de saúde de Sarreaus.

O orzamento executado foi de mais de 30.000 euros e froito dun convenio de colaboración entre a Xunta e o Goberno local ao tratarse dun edificio de titularidade municipal. Pola súa parte, o Concello foi o encargado de levar a cabo as actuacións necesarias para a correcta execución das obras coa redacción do documento técnico necesario para a execución das obras, licitación e execución das mesmas.
As obras consistiron na substitución do material de cubrición da cuberta existente, procedendo a substitución da capa de cubrición de cuberta de tella curva por un faldón de cobertura de tellas cerámicas fixadas sobre placa de microcemento e rastreles de madeira de pino que permitirá aumentar así o illamento térmico da envolvente do edificio, mellorando a impermeabilidade da cuberta e a seguridade do edificio.