22 de diciembre de 2017, 16:53
Coa presenza da maioría das representantes da Asoc. de Perruqueiras e Centros de Estética de Xinzo e convocadas para as 14:00, levouse a cabo o sorteo das dúas cestas que a Asociación oferta para todos os clientes e clientas durante estes meses.
RECÓLLENSE EN XINZO
Dous rapaces que se atopaban na praza Maior foron os escollidos para sacar da caixa os boletos agraciados. As cestas pódense recoller polos agraciados no súper da praza de S.Roque, despois de pasar polos centros que foron os agraciados, Estética Montse Lama e Perruquería Paqui Valencia.