Chegou a semana do Chavelleiro

Antonio Pérez
Chegou a semana do Chavelleiro

Hoxe xa se filtrou que o actual conselleiro de Educación Jesús Vázquez vai a ser o candidato a alcaldía de Ourense polo PP.

Tamén esta semana, se non se atrasa, será a que o actual alcalde de Xinzo, comunique a súa intención sobre o feito de repetir como candidato do PP ou ben deixar o paso a alguén, que loxicamente debería ser da súa corda. Recordar que neste momento é o Presidente do partido en Xinzo.

Aínda que se poderían facer apostas, pensamos que os que apostaran en contra non cobrarían e os que o fixeran a favor, tampouco, posto que as probabilidades son moi altas.