"A CHMS non pode consentir tanta manipulación, por parte da Xunta de Galicia, sobre o baleirado de encoros"

IMG_20210912_190812
"A CHMS non pode consentir tanta manipulación, por parte da Xunta de Galicia, sobre o baleirado de encoros"

“Empregar a a auga e o medio ambiente como arma de confrontación política é moi grave, non asumindo as competencias que lle foron transferidas no seu día…” conclúe Quiroga

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) responde ao cúmulo de despropósitos e afirmacións incorrectas sobre a baixada de nivel en 4 encoros da bacía, tratando de trasladar as responsabilidades polo impacto medioambiental á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, esquecendo que todo é demostrable con correos electrónicos, con leis e regulamentos.

Importante destacar que a Xunta leva cambiando de criterio nas derradeiras semanas a lo menos en 3 ocasións: primeiro ninguén os avisara, postura que mudou cando apareceron na prensa as notificacións da concesionaria, despois que se tivesen as competencias non permitirían estas baixadas de nivel e, finalmente, aludindo á unha suposta connivencia da Confederación coas concesionarias.

EMBALSE DE SALAS, MUIÑOS 01É incuestionable que a Xunta de Galicia tivo coñecemento, pola empresa concesionaria, do anuncio de baixada do nivel dos encoros de Cenza (10 de xuño) e Portas (12 de xullo) dirixidas ao Servizo de Conservación da Natureza de Ourense, dependente da Consellería de Medio Ambiente, e tamén, atendendo ao principio de colaboración entre administracions, recibiron da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil correo a través do 112 da Xunta, tal e como xa se pudo demostrar.

A pesares de que a Consellería de Medio Ambiente tivo coñecemento do baleirado a partires de xuño, non comezou a visitar os encoros ata o 20 de agosto como consta nos expedientes sancionadores incoados pola Administración autonómica a este Organismo de bacía.

Hai que indicar que a protección do medio ambiente pola administración competente non precisa de comunicación nin denuncia para actuar de oficio se a situación ten impacto medioambiental, pero a Xunta deixou pasar mais de 70 días sen facer nada e non actuaron ata o 3 de setembro abrindo expedientes sancionadores ás Concesionarias e á CHMS. As competencias en Medioambente son ao 100% responsabilidade da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, podendo tomar as medidas que consideren oportunas e evitar o deterioro medioambiental.

A Confederación non ten competencia ningunha para evitar a baixada de niveis de auga encorada a menos que afecten ás normas de explotación dos encoros, neste senso, ten abertos expedientes informativos dende agosto a tódolos encoros con niveis baixos e ata o día de hoxe non se detectou incumprimento das normas de concesión e explotación das citadas presas.

A posibilidade de intervención en base ao artigo 55 da Lei de augas, exgrimida por la Conselleira, ese artigo só posibilita a intervención si as augas embalsadas teñen outros usos como o abastecemento humano que ten prioridade sobre todolos demais usos; no caso dos encoros con baixada de nivel non se dá esta circunstancia pois son só de uso hidroeléctrico.

Por último, sobre a suposta conivencia entre concesionarias e Confederación, e as 80 peticións de autorización para baleirado de presas da CHMS á Consellería de Medioambiente ata 2021, (supostamente unha das solicitudes exhibida pola Conselleira na sua última intervención), cabe indicar que, por suposto, hai multiples comunicacións entre ambalas duas administracions para determinados procedementos administrativos concretos, tal e como a lei nos obriga, pero non para o caso que nos ten tan preocupados este verán.

“Hai que dicir que estamos ante unha nova manipulación por parte de Xunta de Galicia, xa que este trámite ten que facerse no caso de operacións de baleirado para obras nos encoros ou para conservación excepcional, sempre que precisen baixar do nivel mínimo marcado nas súas normas de explotación; e tamén, para a limpeza de pequenos azudes das minicentrais para os que os concesionarios solicitan con frecuencia o baleirado para proceder a retirada dos sedimentos; polo tanto, nada que ver co tema que nos ocupa” explicóu Quiroga.

“Utilizar a auga e o medio ambiente como arma de confrontación política é moi grave, non asumindo as competencias no medio ambiente que lle foron transferidas no seu día e dando unha imaxe de que o único que importa á Xunta de Galicia é facer ruido e enlamar en lugar de preservar e defender o medio ambiente” conclúe Quiroga.