viernes. 30.09.2022
NOTA DE PRENSA CIGA- VERíN

A CIG CONSEGUE A DEVOLUCIÓN DA CLAUSULA DE DESPEDIMENTO IMPROCEDENTE AOS [email protected] DO CONCELHO DE XINZO

Tras 2 anos de conflitividade no Concelho de Xinzo de Limia os [email protected] recuperan os seus dereitos

pleno dia 13.03.2015
pleno dia 13.03.2015

O Pleno do Concelho de Xinzo de Limia, celebrado o día 13 de Marzo do 2015, ven de aprobar, cos votos a favor do BNG, AGE, Independentes, PP e coa abstención do PSOE, a devolución aos trabalhadores e trabalhadoras do dereito a optar, entre a readmisión e a indemnización, no caso de despedimentos improcedentes.

Tras 2 anos de conflitividade, entre o Alcalde popular, a CIG e os trabalhadores/as, pola suspensión, unilateral, da cláusula de despedimento improcedente; os últimos conseguen situar as relacións laborais municipais no sitio de onde nunca deberon sair e recuperan todos os seus dereitos, malia algúns companheiros/as "sindicais" de viaxe, sempre prestos a ficar ben e non gastar nada.

Nas próximas semanas, como se deduce do acordo asinado, o Concelho deberá devolver aos operarios/as municipais, ademais, o 2,5 % do salario, minorando o coeficiente redutor do 7,5% ao 5%.

Parabéns a todos os trabalhadores e trabalhadoras que, durante este tempo, souberon cohesionarse coa CIG para recuperar os dereitos inxustamente suspendidos no ano 2012.

Comentarios