domingo. 27.11.2022
Bande, Muiños, Entrimo e Lobios foron escenarios de "Eles transportan a morte"

O cinema rodado na provincia de Ourense lidera as nominacións aos Mestre Mateo

“Cuñados” (16 nominacións, o récord desta vixésima edición), “Malencolía” (11) e “Eles transportan a morte” (6) suman 33 candidaturas aos premios da Academia Galega do Audiovisual.
Cinema en Ourense
Cinema en Ourense

Os tres filmes contaron co apoio da Deputación de Ourense e teñen á provincia coma un dos seus protagonistas, con localizacións na cidade, O Ribeiro, O Carballiño ou A Baixa Limia.

O cinema rodado na provincia de Ourense converteuse nun dos protagonistas do acto, celebrado esta mañá, no que se desvelaron os filmes nominados para a XX edición dos Premios Mestre Mateo. Os galardóns da Academia Galega do Audiovisual suman 33 nominacións de películas rodadas na provincia de Ourense e co apoio da Deputación de Ourense: “Cuñados” é a película máis seleccionada polos académicos con 16 candidaturas; “Malencolía” recibiu 11 nominacións e “Eles transportan a morte”, outras 6.

Cinema en Ourense.1

“Cuñados” recibiu 16 nominacións -o récord desta vixésima edición- para sinalarse nesta primeira ronda de votacións dos académicos como a gran favorita para a gala de entrega de premios, que se celebrará o 19 de marzo en A Coruña. Protagonizada por Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez -os tres nominados a mellor interpretación masculina protagonista- xunto a Iolanda Muíños, María Vázquez e Eva Fernández -estas dous últimas, nominadas a mellor actriz de reparto-, xa é a gran comedia galega. Rodada integramente na provincia de Ourense, con escenas no Ribeiro ou na cidade, supuxo o salto á longametraxe do ourensán Toño López, despois de rodar series como “Auga Seca”. Entre as 16 nominacións, está seleccionada para mellor película xunto a “Malencolía”.

“Malencolía” sitúase, tras “Cuñados”, como o filme con máis candidaturas (11) aos Mestre Mateo. Dirixida por Alfonso Zarauza -nominado a mellor director-, tamén foi rodada completamente en Ourense co apoio da Deputación, en localizacións de Boborás, O Irixo ou O Carballiño. “Malencolía” é un filme de terror protagonizado por Melania Cruz e Xúlio Abonjo, coa participación de actores coma Diego Anido -candidato xunto ao seu compañeiro Ricardo Barreiro a mellor actor de reparto-, Ledicia Sola -nominada a mellor actriz de reparto- ou Tito Asorey. Foi estreada na pasada edición do OUFF e recibiu o premio Xacobeo, precisamente compartido con “Eles transportan a morte”, outra película rodada en Ourense co apoio da Deputación. Este filme de Helena Girón e Samuel M. Delgado suma seis nominacións: dividida entre Galicia e Canarias, a parte galega de “Eles transportan a morte” foi rodada na provincia, con localizacións en Bande, Muíños, Entrimo, Lobios ou Avión; e ten nominacións a mellor música orixinal, mellor vestiario ou maquillaxe e perruquería.

Cinema en Ourense.2