Ciudadáns esixe á ex concelleira(Montse Lama) que entregue a súa acta por coherencia persoal e respecto aos principios éticos

montse baner 1.2
Ciudadáns esixe á ex concelleira(Montse Lama) que entregue a súa acta por coherencia persoal e respecto aos principios éticos
Que sexa consecuente e deixe a súa acta, tal e como asinou e de acordo ao que se comprometeu

Tras coñecer a renuncia da concelleira Cidadáns ( Cs) no Concello de Xinzo, Montse Lama, a formación laranxa esixe á ex concelleira que entregue a súa acta por coherencia persoal e respecto aos principios éticos, así como en cumprimento do establecido no artigo 10.3 dos Estatutos e do compromiso asumido na súa Carta Ética e Financeira, documentos que recollen o compromiso de deixar a acta se causan baixa no partido por calquera motivo.

Desde Cs insistimos á Sra. Montse Lama que sexa consecuente e deixe a súa acta, tal e como asinou e de acordo ao que se comprometeu, na carta e código ético que como todos os cargos do noso partido asumen nese código ético.

En Cs seguimos traballando no que é primordial e prioritario, buscar estabilidade no Concello e Deputación de Ourense para o beneficio do conxunto dos ourensáns.