Civitas Limicorum goza dunha boa situación económica pero a festa do esquecemento necesita “reformas”

IMG_20191228_193458
Civitas Limicorum goza dunha boa situación económica pero a festa do esquecemento necesita “reformas”

Mais de 7.000 € de superávit deixan os organizadores do ESQUECEMENTO 2019

Onte a noite celebrouse a asemblea anual da asociación Civitas Limicorum encargada da organización da festa do Esquecemento. Con menos afluencia de socios da que se pensaba, dadas as datas, celebrouse a asemblea que aprobou as contas da directiva anterior que polo que se dixo non está claro que sexa a próxima.

Votacións o día 3 de xaneiro

IMG_20191228_192740Cumprido o mandato estatuario a directiva actual convocou eleccións para formar a nova directiva e todos aqueles que queiran participar teñen de prazo ata o día 1 de xaneiro, no que se lle comunicará aos socios, máis de medio cento, as candidaturas presentadas. As votacións para a elección da nova Xunta directiva levaranse a cabo dende as 20:00 ata ás 22:00 do día 3 de xaneiro.

Pese a boa xestión, polo menos no eido económico da actual xunta directiva, aínda non manifestaron a súa intención de continuar.

MOITAS CRÍTICAS A FESTA

No apartado de rogos e preguntas a maioría dos alí presentes están de acordo en que á festa ai que lle dar unha volta. Entre outras cousas as normas de obrigado cumplimiento de todos os que participan na festa a nivel de indumentaria e ao comportamento dentro do campamento. Houbo algunhas voces que manifestaban “entre dentes” que non pode ser aquelo un parque pechado de menores con dereito a todo.

20 aniversario

Recordar que a celebración da festa do esquecemento do ano 2020 cumprirá 20 anos, polo que a festa debería ter un pulo especial.