Clausurado o programa mixto de emprego xuvenil de Xinzo e Baltar

$RCLOEPY
Clausurado o programa mixto de emprego xuvenil de Xinzo e Baltar

Foi clausurado polo Xefe Territorial de Economía e o concelleiro de Medio ambiente Manuel Cabas

Na mañá do venres 23 de marzo, no salón de actos da Casa de Cultura de Xinzo foi clausurado o primeiro obradoiro de Emprego mixto xuvenil 2017.

Tras seis meses de aprendizaxe, o Xefe territorial da Consellería de EconomíaSantiago Álvarez e o primeiro tenente de alcaldede Xinzo Manuel Cabas, fixeron entrega aos mozos e mozas dos diplomas que os acreditan. Durante estes seis meses, tiveron oportunidade de aprender albañilería e xardinería, como parte principal do curso, recibindo tamén formación en informática, sensibilización ambiental e de igualdade de xénero. Tamén recibiron formación de cara a orientación laboral e asesoramento empresarial

PARTE PRACTICA

$RB6P4NH

A parte práctica levárona a cabo en diferentes obras dos concellos de Xinzo e Baltar nos cales puideron por en práctica todo o aprendido durante os meses que durou o obradoiro.