As claves dun bo currículo foron analizadas no seminario sobre inclusión sociolaboral de migrantes que promove a USC en Xinzo

seminario
As claves dun bo currículo foron analizadas no seminario sobre inclusión sociolaboral de migrantes que promove a USC en Xinzo
Durante a sesión tamén se entregaron os diplomas do curso “Educación e Participación Social: O coñecemento dos valores da sociedade de acollida”, celebrado con anterioridade.

As claves para elaborar un bo currículo ou para enfrontarse a unha entrevista de traballo foron analizadas esta mañá no seminario que promove a USC en Xinzo e que leva por título “Competencia intercultural, empregabilidade e participación. Vías para a inclusión sociolaboral de persoas migrantes”. A iniciativa conta con máis de 30 inscritos e celebrouse na Casa de Cultura. Durante a sesión tamén se falou sobre as características dos perfís educativos e a maneira de adaptalos á oferta laboral da zona e se entregaron os diplomas do seminario “Educación e Participación Social: O coñecemento dos valores da sociedade de acollida”, celebrado con anterioridade.

Unha sesión telemática de seguimento dos traballos programouse para o luns, día 31 de maio. Os participantes contarán cunha titoría individual para o seguimento dos traballos e daranse pautas para a súa mellora e optimización. Serán, en total, 20 horas de formación e seguiranse todas as medidas sanitarias vixentes. Os participantes deberán cumprir coa normativa e asistir ao 80% do curso para a súa certificación.