O CMUS de Xinzo festexou o día da patroa da música

DSC_0259
O CMUS de Xinzo festexou o día da patroa da música

Con un concerto pechado ao propio alumnado

No presente curso escolar 21-22, despois de case dous anos no que a situación epidemiolóxica impediunos desfrutar de concertos en directo no centro, por fin reanudamos estas actividades que tanto nos gustan e son tan importantes para o desenrolo dos futuros músicos.

O Conservatorio ten no seu Calendario Escolar diversas actividades programadas ó longo do curso, para fomentar e difundir a música entre o propio alumnado e o resto de rapaces da comarca. Entre elas atópase a festividade da Sta. Icía, Patroa da Música, o 22 de Novembro que nesta ocasión festexámola hoxe o Venres 26 ás 19:00 h. no Auditorio “Ángel Cocho” da Casa de Cultura de Xinzo de Limia.

Para dita celebración, o Conservatorio organizou un Concerto interno para todo o alumnado do centro. Dito concerto correu a cargo dos propios alumnos e alumnas que con tanto esforzo e entusiasmo prepararon as súas actuacións baixo a dirección e supervisión dos profesores: Elena Domínguez Rodríguez, Mª José Rodríguez Carrera, Esmeralda Marra López, Jesús Dopazo Amorín, Eliseo Penín Rodríguez, Roberto Seara Abad, Nieves Llopis Tormo, Cristina Vázquez Canal e Alejandro Martínez Ares.

Este ano optouse por celebrar o concerto pechado, porque aínda que temos moi presentes as normas e protocolos de seguridade é de vital importancia minimizar os riscos dun concerto presencial en aberto a todos os familiares e amigos.

Escoitaron un repertorio de todo tipo, algunhas pezas ben coñecidas polo gran público como por exemplo o “Te Deum” de Charpentier, “Peer Grynt” de Grieg e outras máis descoñecidas como por exemplo “Habanera” de Ravel ou o “Vals a 6“ de Rachmaninoff. A continuación, fíxose entrega dos premios do Concurso de Samaín ós mellores disfraces, nas catro categorías establecidas: Iniciación Musical e Música e Movemento, Grao Elemental, Grao Profesional e Profesorado.

Para finalizar, por cortesía do Concello de Xinzo de Limia entragáronse ós asistentes ó concerto uns deliciosos doces musicais, unhas claves de sol de chocolate elaborados por Fina Rei.