COGAMI sae á rúa para esixir maior accesibilidade

rodas
COGAMI sae á rúa para esixir maior accesibilidade

Os membros de COGAmi da Limia manifestaranse en Ourense fronte ao centro de saúde Novoa Santos.

Entidades que forman parte da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade das catro provincias concentraranse en diferentes localidades para poñer en coñecemento da sociedade o vindeiro martes, 7 de novembro, ás 11:00 horas a falta de accesibilidade universal e reivindicar a posta en marcha de medidas dirixidas a eliminar barreiras que vulneran dereitos, liberdades e vida independente das persoas con discapacidade.

COGAMI convoca esta concentración no marco dunha campaña de COCEMFE Nacional.

COGAMI convoca esta concentración no marco dunha campaña de COCEMFE Nacional –Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica– que, baixo o lema "#AccesibilidadYA: Pola accesibilidade de produtos, entornas, bens e servizos", contempla a celebración de 35 concentracións simultáneas en cidades repartidas por todo o territorio español onde se prevé a participación de máis de 2.500 persoas.

En Galicia, son máis de 700 persoas as que confirmaron que se van concentrar nas catro provincias do país. Na provincia de Ourense haberá concentracións no centro de saúde Novoa Santos (Rúa Papa Xoán XXIII, 6) e diante da Praza Maior do Carballiño.

En todas estas concentracións informarase sobre esta problemática ás persoas que transiten pola zona e lerase un manifesto.

En todas estas concentracións informarase sobre esta problemática ás persoas que transiten pola zona e lerase un manifesto. Dito acto contará coa participación de representantes das entidades que participan nelas, así como de diferentes persoas que contarán como lles afecta a falta de accesibilidade universal no exercicio dos seus dereitos e liberdades.

Impulsada por COCEMFE en colaboración coas súas entidades membro, esta campaña tamén pretende chamar a atención sobre o previsible incumprimento do mandato da Lei Xeral de Dereitos de Persoas con Discapacidade y e da súa Inclusión Social que establece o 4 de decembro de 2017 como límite temporal para que todos os produtos, bens, entornas e servizos sexan accesibles.