Esta mañá foi moi movida para os facultativos do PAC de Xinzo por ter varios incidentes graves esta mañá, necesitando a intervención de varias ambulancias e ata o H4.

No accidente en Solveira, segundo os veciños que avisaron ao 061 tardaron 45 minutos en chegar unha ambulancia. Precisamente a que interveu no accidente de dúas persoas maiores que quedaron atrapadas dentro de vehículo, tivo que vir dende Celanova.
Cando as forzas de seguridade e Protección Civil de Xinzo, chegaron ata o coche accidentado, os veciños, co ánimo de socorrer, xa sacaran aos feridos do coche, cousa que nunca se debe facer.
Unha das persoas que ía no coche sinistrado tivo que ser trasladada ata o centro hospitalario de Ourense.