jueves. 02.02.2023

O sinistro ocorriu  ás 21:00 horas de onte, no Pk 0,700, da pista que enlaza a estrada N-525 co núcleo de poboación de Santa Ana, no termino municipal de Sandiás.

Consistiu  na colisión frontolateral entre dous turismos: Un Seat Ibiza , con tres ocupantes, os que un deles foi trasladado ao hospital Chuo con carácter menos grave. O outro coche implicado foi un  Renault Captur, con tres ocupantes , trasladado tamén un dos ocupantes ao Chuo, con carácter leve. Investíganse as causas do sinistro, entre as posibles: " _Non respecta o sinal vertical de Stop existente e que regula a prioridade de paso do cruzamento ao mesmo nivel."