Por comarcas, a da Limia é a que se lle destina a partida máis grande

Marisol Díaz
Por comarcas, a da Limia é a que se lle destina a partida máis grande

A XUNTA INVESTIRÁ ESTE VERÁN CASE 5 MILLÓNS DE EUROS NA MELLORA DE 89 CENTROS EDUCATIVOS DE 51 CONCELLOS DA PROVINCIA DE OURENSE

A maioría das reformas centraranse na eficiencia enerxética, reparación de cubertas e fachadas e ampliación de patios e de centros.

Os centros educativos da cidade son os máis beneficiados cunha achega próxima aos 2,7millóns de euros, seguidos dos das comarcas da Limia

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, considera que estas actuacións son unha \“mostra clara\” da aposta que está a facer a Xunta pola educación pública \“porque investir en equipamento é tamén investir en calidade\”. Avaliou positivamente que o \“correcto cumprimento co déficit marcado polo Goberno estatal revirta en melloras para os cidadáns nun ámbito tan sensible como o educativo\” e descatou o traballo da Xunta de Galicia para seguir avanzando na adecuación das instalacións co fin de continuar a mellorar as condicións de traballo e estudo de docentes e alumnos.

A maioría das reformas centraranse na eficiencia enerxética, reparación de cubertas e fachadas e ampliación de patios e de centros. Tamén se contemplan outros proxectos menores de reparación da instalación eléctrica, pintura ou substitución da carpintería exterior.