Os comentarios por WhatsApp pódenlle costar caro a unha veciña de Xinzo

wassap falso
Os comentarios por WhatsApp pódenlle costar caro a unha veciña de Xinzo

Tivo que declarar o pasado 24 ante a Garda Civil

A nota oficial enviada pola garda civil, di que tomou declaración o pasado 24 de Marzo ás 22:20 a veciña D.J.G de 31 anos como presunta autora dun delito de inxurias tras difundir por WhatsApp un comentario no que afirmaba que a nora fora a que lle transmitira o virus a veciña falecida, e que ela mesma (a nora) estaba contaxiada, sendo isto totalmente falso, posto que a persoa que puxo a denuncia non está sufrindo contaxio.