Os comerciantes da Limia súmanse ós descontos do coñecido como "Black Friday"

black
Os comerciantes da Limia súmanse ós descontos do coñecido como "Black Friday"

Os descontos oscilan entre o 10% e o 30%

Ó pasear esta mañá polas tendas da zona percataranse de que moitas delas colgan nos seus escaparates carteis baixo o nome de "Black Friday", ou o que é o mesmo, desontos especiais ó longo desta fin de semana. As tendas de Xinzo ofrecen ós seus clientes prezos rebaixados de entre un 10% e un 30%. Tendas de electrodomésticos, de calzado, roupa, libarías... as ofertas son variadas.

Algúns comercios contarán con música en directo e mesmo o sorteo dunha fin de semana para dúas persoas por compras que superen os dez euros.

Mesmo hai establecementos que amplían horario e estarán abertos ata as 22h da noite. Os descontos serán válidos na xornada do venres e do sábado.

A moda do "Black Friday" é importada dos Estados Unidos onde celebran o día que comezan as compras de Nadal. Na limia é o segundo ano que poñen en marcha esta inciativa e cada vez son máis os comercios que se suman a estes descontos especiais antes do inicio das rebaixas.